Feijóo sobre a oferta de diálogo de Pontón e Caballero: "Que se poñan de acordo no formato"

Lembra que na Cámara xa hai creada unha comisión para falar sobre os Next Generation.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Xa hai resposta de Feijóo as ofertas de diálogo que os líderes da oposición, Ana Pontón, do BNG, e Gonzalo Caballero, do PSdeG, lle fixeron ao presidente da Xunta. "Eu estouaberto a falar coa oposición, o que me gustaría e que as dúas forzas políticas se poñan de acordo no formato que propoñen", dixo.

Pleno do Parlamento. PARLAMENTO
Pleno do Parlamento. PARLAMENTO

Feijóo respondía así a oferta realizada por Pontón, que pide un encontro en solitario con el como "líder da oposición" e Gonzalo Caballero que aposta por unha xuntanza a tres. "Nós sempre aberto ao diálogo veñan xuntos ou de xeito separado", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. 

Con todo, lembrou que, tanto el como o seu grupo, están tentando dialogar no Parlamento e, especialmente, sobre os fondos europeos, os Next Generation. "De feito xa hai unha comisión creada para abordar este asunto que é o lugar máis indicado", indicou sen pechar a porta a un encontro con Pontón e Caballero pero, sempre e cando, "se aclaren co formato".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Na Comisión do Parlamento (non hai ninguén) https://i.gal/gam25