Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2021 | Actualizada ás 18:01
Ciudadanos instou á Xunta de Galicia a "liberar" da obrigatoriedade de estar ao día no pago de pago de obrigacións tributarias ou coa Seguridade Social aos negocios ou autónomos para acceder ás axudas articuladas desde a Administración autonómica para paliar as restricións e efectos da crise sanitaria.
Nun comunicado, a portavoz da formación laranxa en Galicia, Beatriz Pino, tachou de "desmedida, inoportuna e de moi difícil xustificación" estes requisitos, polo que demanda ao Goberno galego que "libere" destes requisitos para optar ás subvencións.
Para Pino, é "incomprensible" que se esixa non ter débedas coas administracións nun momento no que "é habitual" que as empresas e os profesionais que "subsisten" o fagan "enormemente endebedados coa Seguridade Social e o fisco". Por todo iso, demanda tanto á Xunta como aos concellos que non se teñan en conta esas cuestións para acceder ás axudas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.