Iniciativa educativa na rede

Un lector remitenos unha mensaxe sobre o programa Edugaliza.org... "Son Xosé Antón Vicente Rodríguez, un mestre preocupado polo mundo das TICs . Son ademáis un dos coordenadores de Edugaliza.org e recentemente acabo de publicar neste portelo Etnonet 2.0: http://www.edugaliza.org/dsc/Etnonet2/index.htm : Un programa en contorno web mediante páxinas htm feito co programa Hot Potatoes que ten como obxectivo fundamental que os nosos alumnos e alumnas descubran a gran diversidade cultural da Comunidade Autónoma na que viven: Galicia. A aplicación consta de 120 propostas sobre a cultura de Galicia: Os símbolos identificativos de Galicia, as institucións, a gastronomía, flora e fauna, historia, literatura, música, novas iniciativas e tendencias,...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/01/2007 | Actualizada ás 23:44

Comparte esta noticia

Coido que a iniciativa pode ter interese para outros docentes polo que estou divulgándoa pola rede".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Boedense

Unha proposta moi interesante fiel reflexo do moito que se está traballando na rede pola cultura galega. Se podo colaborar nalgunha tarefa, con sumo gusto o farei, Xosé Antón.