Agricultores e gandeiras contarán con 200.000 euros para mellorar a calidade dos seus sectores

As axudas, convocadas pola Consellería do Medio Rural, poderán solicitarse ata o 18 de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2021 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas á nova participación de agricultores e gandeiros en réximes de calidade, para o que destina un orzamento total de 200.000 euros.

Segundo informou a Xunta, poderán beneficiarse destas axudas os titulares de explotacións agropecuarias que se incorporasen a un determinado indicativo de calidade despois do 18 de novembro de 2015 e que sexan agricultores en activo. Ademais, poderán recibir a axuda aqueles produtores ecolóxicos que xa tivesen actividade e que incorporen agora algunha nova orientación produtiva. 

Animal comendo, animais, vaca, vacas, pastar, pasto, gandeiros
Animal comendo, animais, vaca, vacas, pastar, pasto, gandeiros

Na convocatoria priorizaranse as solicitudes de agricultores que se incorporen por primeira vez ao réxime da agricultura ecolóxica ou a novas orientacións produtivas nese réxime de calidade. E tamén terán prioridade aqueles produtores que se incorporen por primeira vez a denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas rexistradas nos últimos anos, os mozos, as mulleres e os titulares de explotacións situadas en zonas de montaña.

Estas axudas, que poderán solicitarse desde este sábado ata o 18 de maio, poderán subvencionar os custos fixos ocasionados pola cota anual ou a inscrición nun réxime de calidade imputados á campaña desde maio de 2020 ata abril de 2021, ata un límite de 3.000 euros anuais por explotación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta