A Xunta envía unha queixa oficial ao Goberno central e esixe negociar as medidas de Semana Santa

Un dos puntos nos que Galicia se abstivo na pasada reunión refírese ao toque de queda entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/03/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A Xunta ultimou este venres unha queixa formal ante o Goberno central sobre as medidas para Semana Santa, despois de que se lanzou a mensaxe dun acordo entre todas as comunidades. O Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo sostén que "no consenso hai que crer, promovelo e facilitalo" e considera que non se fixo así.

Julio García Comesaña
Julio García Comesaña | Fonte: Xunta de Galicia.

Deste xeito, tal e como confirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a Xunta decidiu trasladar este venres unha queixa oficial ao Goberno, na que tamén pide negociar os distintos aspectos, coa disposición a "ceder" en aras do consenso.

Un dos puntos nos que Galicia se abstivo na pasada reunión refírese ao toque de queda entre as 22 horas e as 6 horas da mañá. De feito, a explicación que ofreceu a Consellería de Sanidade para soster esa postura baseábase, precisamente, en que era unha cuestión que entendía que debía debaterse no seo do Consello Interterritorial de Sanidade. Ademais, defendeu ampliar reunións a seis persoas.

"O que non vale é forzar o consenso ou amentalo en balde e iso é o que pasou onte (por este xoves)", dixo o conselleiro de Sanidade. Ademais, Comesaña asegurou que, pola súa banda, están "polo labor, por suposto, de traballar nese consenso, pero dunha maneira que un crea e estea cómodo".

O titular da administración sanitaria galega lamentou, así mesmo, que o documento sobre o que traballaron presentouse na comisión de saúde pública, con apenas tempo e chegouse a publicar antes mesmo de telo. Nas votacións, "por prudencia", Galicia votou en contra dalgúns aspectos ou abstívose (tamén votou favorable a algunha cuestión como a recomendación de desaconsellar encontros sociais).

En contra, por exemplo, votou de que os estudantes non poidan volver aos seus lugares familiares de orixe, unha cuestión que rexeita porque a Xunta realizou e mantén cribados para este colectivo, como fixo nas datas do Nadal.

"Non se pode concluír que hai un consenso entre as comunidades. Estamos a favor de chegar a consensos, pero se cremos nel", salientou Comesaña, que entende que é "pronto" para tomar decisións sobre algunhas cuestións de Semana Santa a catro semanas vista e cando faltan dous ciclos epidemiolóxicos.

"Non é un problema de peche perimetral si ou non, se non da forma na que ese suposto consenso se quería forzar", aseverou o conselleiro quen aclarou que a queixa non é polos puntos do debate, senón polo "procedemento".

Doutra banda, preguntado sobre a ponte de San Xosé, o 19 de marzo (festivo en Galicia), apuntou que as decisións non foron tomadas aínda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta