Feministas galegas presentarán recursos ante o Defensor do Pobo o 8M

Falan de "constante vulneración dos dereitos das mulleres, por parte mesmo de cargos políticos e administracións públicas".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/03/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A Plataforma do Feminismo Radical Galego presentará o Día da Muller, o 8M, catro recursos de amparo e un de inconstitucionalidade ante o Defensor do Pobo pola "constante vulneración dos dereitos das mulleres, por parte mesmo, de cargos políticos e administracións públicas".

Manifestación feminista en Verín o 1 de marzo, precedente deste 8 de marzo de 2020
Manifestación feminista en Verín o 1 de marzo, precedente deste 8 de marzo de 2020 | Fonte: Galegas 8M.

Esta acción de protesta, que acaba o día 8 de marzo ás 11,00 coa presentación dos recursos ante o Rexistro da Xunta de Galicia, compleméntase, tal e como explicou a asociación, cunha recollida de firmas de mulleres e outras agrupacións feministas de todo o Estado.

Nos recursos de amparo, a plataforma reclama a intervención da administración pública ante o "abandono das mulleres e menores" provocado pola introdución das identidades de xénero nos centros educativos, contra a "inacción das autoridades ante o negocio da xestación subrogada" e a vulneración do dereito á libre expresión polas ameazas vertidas contra feministas, así como a introdución de termos que "evocan" a unha actividade ilegal como a xestación subrogada en formularios de acceso ao dereito de prestación por maternidade ou paternidade.

O recurso de inconstitucionalidade aborda "a vulneración de dereitos constitucionais" amparados na Lei 17/2020 do 22 de decembro, de modificación da Lei 5/2008, do dereito das mulleres a erradicar a violencia machista, aprobada polo Parlament de Catalunya.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta