Unha pontevedresa, segundo premio no Programa Talenta ao emprendemiento rural

Foi por un proxecto de cultivo do cogomelo 'shiitake'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O proxecto 'Shiit-Astur' da pontevedresa María Dolores Monge Jurado foi reconcido co segundo permio do Programa Talenta ao emprendimiento rural organizado por Corteva Agrisciencie e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais en España (Fademur).

A iniciativa desta pontevedresa afincada en Asturias levouse o segundo posto en estoss galardóns que cumpriron en 2021 a súa segunda edición, segundo informan os promotores dunha iniciativa que recibiu 80 candidaturas.

'Shiit-Astur', desenvolvido por María Dolores Monge en Belmonte de Miranda (Asturias), busca volver ás orixes e forma tradicional do cultivo do cogomelo 'shiitake' de Xapón. Para iso, aposta por un cultivo ecolóxico sobre tronco de castiñeiro e carballo, que se ve reforzado polo clima asturiano.

O proxecto pretende provocar o menor impacto ambiental e aproveitar o potencial dos bosques, actualmente en desusos, empregando restos de poda ou facendo entresaca das súas árbores autóctonas.

Cogomelos
Cogomelos | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta