Ence cualifica de "ilegal" a gravación que a propia dirección distribuíu entre os seus traballadores alertando dun accidente

A empresa defende que ten certificación de Aenor e reitera que non hai unha localización alternativa "viable" en toda a Comunidade galega

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/03/2021 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A empresa Ence volveuse a pronunciar este luns, despois de que o PSOE formalizase unha denuncia contra a fábrica en Pontevedra, alegando que "o extracto da intervención do CEO da empresa, gravado ilegalmente, non debe de ser descontextualizado". Refírese a unha gravación que considera "ilegal" que se distribuíu, curiosamente, entre os traballadores da empresa a cuxos datos só ten acceso a propia empresa. 

O grupo municipal do Partido Socialista en Pontevedra decidiu denunciar ante a Fiscalía "as gravísimas e alarmantes" declaracións recollidas en vídeo nas que o presidente de Ence, Ignacio de Colmenares e Brunet, "advirte da existencia de riscos ambientais e para a saúde das persoas pola obsolescencia da maquinaria da factoría de Lourizán". A propia Fiscalía abriu de oficio a súa propia investigación.

Nun comunicado, a compañía sinala que estas manifestacións deben entenderse "parte dunhas palabras dirixidas internamente, en linguaxe coloquial, non formal, ao conxunto do equipo humano da empresa".

Así, sinala que este extracto, de preto de catro minutos de duración, "é parte dunha intervención de máis de tres cuartos de hora". "Estas palabras, sacadas do seu contexto, non reflicten o sentido nin o significado das citadas declaracións, que si quedaron adecuadamente explicadas no conxunto da intervención", apunta a empresa, que afirma que o complexo de Ence en Pontevedra "é totalmente seguro".

No mesmo comunicado, Ence defende que a planta "é inspeccionada periodicamente --con resultados satisfactorios--" por organismos de control autorizado pola Administración do Estado nos diferentes ámbitos de aplicación da regulamentación de seguridade industrial.

Ence na ría de Pontevedra. ENCE - Arquivo
Ence na ría de Pontevedra. ENCE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Ademais, insiste en que a industria da celulosa é intensiva en capital e esixe constantes investimentos para modernizar e actualizar os equipos, que deben estar sempre en perfecto estado e adaptados aos requirimentos, cada día máis esixentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se fose certo bastaría con publicitar os 45' do vídeo para ver se nos convence a todos ! Últimamente calquera INFORMACIÓN de interés vólvese "ilegal" (nos xulgados anulan sentencias por gravacións ilegais) e os alcaldes retiran vídeos (dos Plenos que por lei son públicos) e consideran que teñen dereito a facelo sen a a Fiscalía actúe de oficio nin os membros da "oposición" abran a boca ! Vivimos tempos de moita transparencia, tanta que as cousas máis simples vólvense invisibles ! https://twitter.com/00Gamela/status...