Galicia segue á cabeza do Estado en ingresos na UCI pola covid

É a segunda autonomía, detrás de Madrid, con máis ingresos en UCI na última semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 28 ingresos en UCI polo coronavirus na última semana, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Sanidade. Deste xeito, Galicia é a segunda comunidade con maior número de ingresos entre o 1 e o 7 de marzo, por detrás de Madrid, con 66.

Estes 28 ingresos en UCI supoñen unha cifra similar aos 27 da semana anterior. En total desde o comezo da pandemia, 1.633 persoas con coronavirus pasaron pola UCI galegas.

Os casos de covid que necesitaron hospitalización nos últimos sete días en Galicia foron 147 --esta cifra tamén inclúe os ingresos en UCI--. Son 50 menos que a anterior semana. Neste caso, é a quinta maior cifra entre autonomías. Un total de 12.215 persoas foron hospitalizadas con coronavirus desde hai un ano en Galicia.

UCI do Hospital Clínico de Santiago.. ANA VARELA/SERGAS / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago.. ANA VARELA/SERGAS / Europa Press

MELLOR NOTA NAS PROBAS REALIZADAS

Por outra banda, Galicia realizou 88.077 probas diagnósticas de coronavirus entre o 26 de febreiro e o 4 de marzo. Supón unha taxa de 3.262,7 probas por cada 100.000 habitantes, a maior do país. É o dobre da media española (1.668,9 probas).

A taxa de positividade en Galicia é do 1,87%, a máis baixa do estado. A media española sitúase no 5,63% neste período. Das 88.077 probas realizadas en Galicia, 45.853 foron PCR e as máis de 42.000 restantes, de antíxenos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Galicia está na cola do estado en número de mortos. Algo que sería honesto que GC dixese.