O Concello de Santiago crea "unha canle de comunicación" entre o goberno local e os veciños maiores de 65 anos

O Consello municipal de persoas maiores de Compostela fomentará a participación do colectivo nos asuntos locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

O Consello municipal de persoas maiores, cuxo regulamento acaba de ser aprobado pola Xunta de Goberno e deberá ser ratificado en pleno, fomentará a participación dos veciños de máis de 65 anos na vida política, social e cultural de Santiago de Compostela.

A concelleira de Políticas sociais, Mila Castro, presentou este martes en rolda de prensa o novo órgano consultivo de Compostela, acompañada por dous das responsables de Servizos sociais do concello, Chus Taboada e Teresa Furelos.

Mila Castro explicou que o Consello funcionará como "unha canle de comunicación entre a cidadanía e a Administración local". "A poboación maior de 65 anos crece na nosa cidade cada ano, polo que é necesario que participen na vida do noso municipio", indicou a responsable de Políticas Sociais.

A iniciativa foi impulsada pola Plataforma Pensionistas Compostela, tal e como indicou Servizos sociais, e xa se mostraron interesadas outras asociacións como Compostela Solidaria ou as Aulas de cuarto ciclo da Universidade de Santiago de Compostela.

Chus Taboada recalcou que tanto asociacións como veciños a título individual poderán participar "en calquera momento" no Consello, que se creou co obxectivo de "promover, colaborar e asesorar na realización de estudos sobre o colectivo da terceira idade".

Todo iso para conseguir unha toma de decisións adecuada por parte da Administración local, "dar resposta ás inquietudes e propostas do colectivo" e "fomentar a participación dos maiores nos asuntos municipais", entre outros aspectos.

Duas persoas maiores paseando
Duas persoas maiores paseando | Fonte: XUNTA - vellez- Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta