O Sergas impulsa a reforma da UCI do CHUS logo de meses de duras protestas dos sanitarios

Os traballadores levan case 5 meses mobilizándose en favor dunha reforma que xa fora comprometida o pasado mes de xuño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Catro empresas presentaron ofertas para executar as obras da reforma integral da UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, nas que a Xunta ten previsto investir 1,2 millóns de euros. Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que explica que a pandemia orixinada pola Covid "puxo de manifesto novas necesidades", engade, relativa á "mellora das condicións de traballo do persoal sanitario da UCI".

Isto, abundou Sanidade, xunto a outros aspectos relevantes como a humanización, "fai necesaria a reforma da UCI" do Hospital Clínico, asegura a Consellería. A solución proposta, detallou Sanidade, "é transformar a UCI do Hospital Clínico nunha UCI con cubículos pechados". "Esta acción permitirá mellores condicións de traballo para os profesionais que alí desenvolvan o seu traballo", sentencia a Xunta.

Protesta folga UCI Santiago de Compostela, no Clínico
Protesta folga UCI Santiago de Compostela, no Clínico

O impulso da Consellería de Sanidade ás obras chega case 9 meses despois de que a xerencia da área compostelá --comandada pola curmá de Feijóo, Eloína Núñez-- se comprometa a desenvolvelas. Dende mediados de novembro, os sanitarios da unidade de críticos do complexo de Santiago levan sostendo mobilizacións cada semana contra unhas condicións de traballo que recolleu Galicia Confidencial en diversas ocasións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta