A Xunta arrinca os trámites para dar 150.000€ ás salas de teatro privadas

Este xoves abre o prazo para presentar solicitudes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

O Goberno galego abre este xoves o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de axudas ao funcionamento de salas escénicas privadas deste ano, que conta cun orzamento total que ascende a 150.000 euros. O Diario Oficial de Galicia publica as bases da convocatoria, que busca apoiar unha programación profesional nestes espazos, fomentar a estabilidade e a súa consolidación como xeradores de actividade.

A iniciativa está dirixida a salas privadas dun máximo de 150 localidades, que conten cun proxecto de programación artística para este ano e un mínimo de 30 representacións durante 2020. Cada un dos beneficiarios poderá recibir ata 60.000 euros co límite situado no 75 por cento do proxecto presentado, e considéranse subvencionables aqueles gastos vinculados á programación e aqueles derivados das representacións en liña, contratación de persoal ou outros indirectos (ata un 10%), como alugueres, subministracións e gastos correntes. Os adxudicatarios do pasado exercicio foron as salas Ártika e Teatro Ensalle de Vigo, Ingrávida do Porriño e Teatro da Estada e Gurugú da Coruña.

Arquivo - A Rede de Artes Escénicas e Musicais. JCCM - Arquivo
Arquivo - A Rede de Artes Escénicas e Musicais. JCCM - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta