Cribado masivo na Coruña con 153.000 probas na cidade que máis "preocupa"

As autoridades sanitarias galegas están "especialmente atentas" tanto ao Concello da Coruña como aos municipios limítrofes, onde buscan incrementar a "capacidade diagnóstica" de casos ocultos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade fará esta semana un "cribado masivo" con 153.000 probas na cidade da Coruña para detectar posibles casos asintomáticos de covid-19, dado que se trata da urbe que máis "preocupa" nestes momentos.

Así o explicou o conselleiro, Julio García Comesaña, durante a rolda de prensa para dar a coñecer os asuntos tratados no último comité clínico, no que se determinou que a cidade herculina ten unha incidencia a 14 días de 225 casos, a máis alta das sete urbes galegas. Tamén o conxunto da súa área sanitaria é a que presenta máis incidencia de casos por 100.000 habitantes a dúas semanas, 160.

Isto fai que as autoridades sanitarias galegas estean "especialmente atentos" tanto ao Concello da Coruña como aos municipios limítrofes, onde buscan incrementar a "capacidade diagnóstica" de casos ocultos.

Unha das medidas para iso é o acordo co Colexio de Farmacéuticos para estender á Coruña o sistema de cribado por saliva posto en marcha nas oficinas de farmacia da provincia de Pontevedra. García Comesaña explicou que o acordo se pechará entre hoxe e mañá. Paralelamente, levará a cabo un cribado masivo na cidade da Coruña, no que está previsto recoller 153.000 mostras.

Varios comensais gozan na terraza dun establecemento durante o primeiro día da reapertura do interior dos bares e restaurantes na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Varios comensais gozan na terraza dun establecemento durante o primeiro día da reapertura do interior dos bares e restaurantes na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta