Medio Ambiente porá en marcha o Proxecto Terra para formar aos nenos no coidado do territorio

Este ano, a actividade vólvese a abrir a todos os centros educativos de Galicia, que poden solicitar a súa participación ata o próximo 15 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente e o Colexio oficial de Arquitectos de Galicia porán en marcha nas próximas semanas en centros educativos galegos unha nova edición da actividade lúdico-educativa 'Eu son inspector@ urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu', que se enmarca no chamado Proxecto Terra e que, do mesmo xeito que este, ten como obxectivo educar e xerar espírito crítico entre o alumnado galego en relación coa arquitectura e a paisaxe.

Dirixida a escolares de Educación primaria e de Secundaria, a iniciativa foi posta en marcha o ano pasado pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en colaboración co COAG para sensibilizar, concienciar, divulgar e formar aos nenos da Comunidade en relación co medio ambiente e a necesidade dunha intervención ordenada no territorio.

Na súa primeira edición participaron unha trintena de centros educativos do catro provincias. Este ano, a actividade vólvese a abrir a todos os centros educativos de Galicia, que poden solicitar a súa participación ata o próximo 15 de marzo.

A través de material didáctico deseñado especificamente para os máis pequenos, o alumnado dos colexios inscritos traballará na aula de forma creativa e divertida a complexidade do territorio e da paisaxe, analizando os elementos que a compoñen e que conforman o territorio, profundando en conceptos como a paisaxe, o patrimonio construído, as infraestruturas, o cambio climático, a pegada ecolóxica ou as actividades e construcións sobre o territorio.

Alumnos. Marta Fernández Jara - Europa Press
Alumnos. Marta Fernández Jara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta