Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 20:16
A Policía Local de Santiago propuxo en 24 horas a catro persoas para sanción por non facer uso da máscara en locais de hostalaría e formulou denuncias por dúas festas en pisos.
Diso informou o Concello de Santiago nun comunicado, no que detalla os servizos prestados pola Policía Local entre as 8,00 horas do día 9 e as 8,00 horas deste mércores, día 10 de marzo.
En concreto, segundo detalla o Consistorio, desde as 16,30 ás 17,45 horas realizou un control conxunto coa Policía Nacional no que inspeccionou 13 locais e formulou catro propostas para sanción por non facer uso da máscara.
Ademais, entre as 23,00 e as 23,30 horas, os axentes da Policía Local de Santiago formularon dúas propostas de sanción relacionadas coa celebración de festas en pisos.
Por outra banda, nestas 24 horas, os axentes tamén auxiliaron na Avenida Xoan XXIII a unha persoa que sentía mareada e presentaba dor no brazo esquerdo. Ao lugar acudiu unha ambulancia do 061, que trasladou ao home ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA
Por outra banda, a Policía Local instruíu dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria a un condutor dunha motocicleta que circulaba coa perda de vixencia da autorización administrativa para conducir.
En concreto, os feitos ocorreron na rúa Tambre e a motocicleta foi inmobilizada no depósito municipal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.