Feijóo acusa a Ciudadanos de crear "intrigas" e de obviar "principios e ter priorizado intereses partidistas"

"Agradezo que Galicia votase estabilidade e que estea á marxe deste caos", celebrou o tamén líder do PP galego no seu perfil de 'Twitter'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tachou en redes sociais de "lamentable" que Cidadáns (Cs) "estea máis pendente de intrigas para cambiar gobernos que de xestionar a pandemia".

"Obviou principios e priorizado intereses partidistas sobre o benestar dos españois. Agradezo que Galicia votase estabilidade e que estea á marxe deste caos", celebrou o tamén líder do PP galego no seu perfil de 'Twitter'.

Feijóo pronunciouse deste xeito tras evitar facer declaracións na rolda de prensa posterior á súa reunión co ministro de Transportes, José Luís Ábalos, tras os distintos movementos que derivaron no paso da súa compañeira de partido e presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, de convocar eleccións anticipadas na Comunidade.

O 'terremoto' político iniciouse co anuncio de Cs de que rompía co PP e presentaba co PSOE unha moción de censura que lle dá a presidencia de Murcia. A este paso seguiulle o anuncio de eleccións anticipadas en Madrid, ao que partidos da oposición responderon co rexistro de mocións de censura. Posteriormente, o PSOE presenta tamén unha moción de censura en Castela e León.

FEIJÓO REXEITOU 'ESPAÑA SUMA' EN GALICIA

Feijóo, nas eleccións autonómicas de xullo, rexeitou ir en coalición con Ciudadanos (Cs) a pesar de que a tese do PP estatal, xa previa, era explorar esta fórmula baixo a lema de 'España Suma' co fin de tratar de volver unir o voto. En Euskadi si se ratificou a coalición, liderada por Carlos Iturgáiz, aínda que os resultados nas urnas tampouco foron positivos.

O presidente galego reivindicou as siglas da súa formación, aínda que abriu as portas de Cs, sen ningún paso concreto máis aló da integración simbólica nas listas de Juan José Chouza, exrepresentante da formación laranxa en Galicia, quen se sumou á candidatura coruñesa como independente e a título persoal.

IRONÍA EN TWITTER DO PPDEG

Pola súa banda, o PP de Galicia tamén colgou un tuit no que reivindica a estabilidade e dá as grazas aos galegos.

"A esta hora do día non temos constancia de que Cs Galicia vaia  presentar unha moción de censura co apoio de Podemos no Parlamento autonómico", chancean os populares no seu perfil de Twitter, xa que ningunha das dúas formacións teñen representación no Parlamento autonómico --en cuxo hemiciclo sentan representantes de PSdeG, BNG e PPdeG (con maioría absoluta este último partido)--.

Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta