A Federación Galega de Comercio estima que pecharon máis de 10.000 locais en Galicia no último ano

O presidente dos comerciantes galegos asegura que as Rebaixas deste ano "foron as peores" desde que hai indicadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, calculou que no último ano no marco da pandemia pola Covid-19 pecharon máis de 10.000 destes locais en Galicia. Segundo comentou, trátase do calculo que realiza en función da porcentaxe de máis do vinte por cento de comercios que tiveron que "botar a persiana" ante as consecuencias da Covid.

Por iso, reclama ás distintas administracións, co foco no Goberno central, "axudas directas para manter" os "negocios en pé e para reducir as débedas e facer fronte a todos os gastos fixos". Seijas adiantou, a continuación, que a Federación "en colaboración coa Xunta de Galicia" prepara "unha serie de actuacións para incentivar o consumo, para ir tirando".

"Mantémonos nese 20 por cento", reiterou sobre os peches neste ano marcado polas restricións da pandemia, e aventura que "o peor vén agora, en dúas ou tres meses". "Hai moitos traballadores en ERTE que non saben cal vai ser o seu futuro. Hai unha inseguridade na sociedade que leva a que haxa unha retracción nas vendas, a proba diso é que subiu o aforro familiar e a xente non gasta", subliñou.

PROLOGAR ERTES

José María Seijas puxo de manifesto a "necesidade" de que "os ERTEs se prolonguen ata finais de ano e que os préstamos se prolonguen" tamén no tempo. Finalmente, o presidente dos comerciantes galegos asegurou que as Rebaixas deste ano "foron as peores" desde que hai indicadores respecto diso.

Un centro comercial baleiro nunha xornada marcada polo inicio da entrada en vigor dunha desescalada gradual na rexión, en Vigo, Galicia (España), a 17 de febreiro de 2021.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Un centro comercial baleiro nunha xornada marcada polo inicio da entrada en vigor dunha desescalada gradual na rexión, en Vigo, Galicia (España), a 17 de febreiro de 2021.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta