A Xunta instalará nas ruínas do Teatro da Ópera da Cidade da Cultura o futuro centro de Ciberseguridade de Galicia

Trátase dun espazo de 1.500 metros cadrados que hoxe están "en estado de cimentación".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2021 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Xunta xa ten unha solución para completar parte das ruínas do que ía ser o Teatro da Ópera de Galicia, un dos edificios que quedou sen facer da Cidade da Cultura. Aí, nos 1.500 metros cadrados que quedaron cimentados instalará o futuro Centro de Ciberseguridade de Galicia.

Ruínas do Teatro da Ópera na Cidade da Cultura onde se instalará o Centro de Ciberseguridade de Galicia
Ruínas do Teatro da Ópera na Cidade da Cultura onde se instalará o Centro de Ciberseguridade de Galicia | Fonte: CdC

Para iso, destinará 3,2 millóns de euros que teñen como obxectivo rematar parte dun edificio que quedou a medias --por agora só está a cimentación--. A gran maioría do que ía ser o Teatro da Ópera é, agora, un xardín. "Trátase de recuperar as cimentacións do que quedou do Teatro da Ópera e pensamos que é un lugar axeitado para ubicar este centro", dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Este futuro centro de ciberseguridade actuará en coordinación co INCIBE, O Instituto Nacional de Ciberseguridad de España, e co Centro Criptolóxico, dependente do CNI, e dará servizo á Xunta, concellos e empresas. "O seu obxectivo é dar resposta a delitos de ciberseguridade e tamén a actividades de asesoramento". apuntou Feijóo.

Por outra banda, o Consello da Xunta anunciou un novo acordo para realizar un novo contrato de ciberseguridade por un valor de 8,3 millóns de euros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta