O Goberno recoñece o labor de nove persoas en Galicia coa entrega das Medallas ao Mérito de Protección Civil

Son membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, policías locais e voluntarios de agrupacións de Protección Civil

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/03/2021 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiu a entrega das Medallas ao Mérito da Protección Civil --que concede o Ministerio do Interior-- a nove persoas en Galicia en recoñecemento ao seu labor.

Condecorados coas Medallas ao Mérito da Protección Civil nun acto de entrega de distincións, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada
Condecorados coas Medallas ao Mérito da Protección Civil nun acto de entrega de distincións, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada | Fonte: Delegación do Goberno.

Os nove condecorados son membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, policías locais e voluntarios de agrupacións de Protección Civil.

Recibíronas por distintos motivos, entre elas como recoñecemento á súa actividade profesional ou por auxiliar a persoas, como unha axente de Vigo que conseguiu salvar a vida a un bebé o pasado 20 de febreiro ou uns axentes do posto da Guarda que na madrugada do 1 de agosto do ano pasado axudaron a unha muller a dar a luz.

No acto, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada agradeceu o labor das mulleres e homes que conforman os equipos de Protección Civil. Deles, dixo que "fan unha Galicia mellor". Manifestou tamén que neste servizo concéntranse "valores que definen unha democracia libre e avanzada".

Así mesmo, destacou o labor dos condecorados, nos que exemplificouo que significa ser un "servidor público". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta