'Literatura nas marxes', xornadas para analizar a figura da muller, a maternidade e o tratamento LGBTIQ+

As xornadas ofrecerán unha análise de "metapoesía" ou literatura e "o fin social" dunha obra, ademais de incidir en que se trata dunha proposta impulsada por persoas con vínculos cos estudos universitarios e pensada para os mozos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Santiago acollerá a próxima semana as xornadas 'Literatura nas marxes. A creación alén do canon', un proxecto que se ofrece como un foro de reflexión sobre cuestións que van máis aló da palabra escrita e que analizarán grandes temas presentes no sector, como o tratamento e a figura da muller, a maternidade ou o tratamento e representación dos personaxes LGBTIQ+.

As xornadas están organizadas pola Asociación O Arquivo das Trasnas co apoio da Xunta e celebraranse no salón de actos do Pazo de San Roque durante os días 16, 17 e 18 de marzo, enmarcadas na 'semana da poesía'.

O programa foi presentado este xoves en rolda de prensa, da man do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Daniel Chapela, coordinador da proposta e representante da organización. García destacou a importancia da reflexión sobre este abanico de persoas "liberados dos canons establecidos", ademais das causas sociais que rodean a actualidade e "a diversidade" que envolve ao ser humano.

Deste xeito, as xornadas ofrecerán unha análise de "metapoesía" ou literatura e "o fin social" dunha obra, ademais de incidir en que se trata dunha proposta impulsada por persoas con vínculos cos estudos universitarios e pensada para os mozos. Chapela, pola súa banda, explicou que esta iniciativa se exporá cun formato "diferente", con intervencións, reflexións e mesas redondas nas que participarán diversos autores e expertos na materia.

PROGRAMA

A proposta inaugurarase ás 18,00 horas do martes, da man do propio secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García, e de Daniel Chapela, e cada día estará dedicado a unha do tres temáticas escollidas pola organización.

Entre os participantes atópanse Mariña Area, Daniel Asorey, Nee Barros, Carlos Callón, Yolanda Castaño, Miriam Ferradáns, Inma López Silva, Eva Mejuto, María Xesús Nogueira, Emma Pedreira, Montse Pena Presas, Mario Regueira, María Reimóndez, Ana Romaní, Marga Tojo, Bieito Troncoco, Marga do Val e Malores Villanueva.

Así mesmo, a autora Xela Arias terá un protagonismo especial na primeira xornada, dedicada á reivindicación da muller, unha figura de referencia para toda unha xeración tanto polo seu papel de poeta como de tradutora. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de marzo, a través da dirección 'oarquivodastrasnas@gmail.com'.

Presentación das xornadas 'Literatura nas marxes. Creación alén do canon'. XOÁN CRESPO
Presentación das xornadas 'Literatura nas marxes. Creación alén do canon'. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta