Seguen aumentando os casos diarios de covid, aínda que baixan os hospitalizados

Os casos activos caen a 2.931 en Galicia e os hospitalizados con Covid baixan a 330, deles 73 en UCI.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Os casos activos seguen coa tendencia descendente e sitúanse por baixo dos 3.000, con cifras similares ás de finais do mes de agosto do pasado ano, con 2.931. Tamén se volve a reducir a presión hospitalaria ata os 330 ingresados con Covid, 18 pacientes menos, deles 73 en UCI.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, hai 73 pacientes Covid en UCI en Galicia --catro menos-- e 257 noutras unidades de hospitalización --14 menos--.

Os ingresados por coronavirus descenden en cinco das sete áreas sanitarias, mentres que soben na de Ourense, que mantén catro en UCI --sen cambios-- e 20 noutras unidades --un máis--, mentres que na de Vigo seguen 16 en críticos e 41 noutras unidades --sen cambios ambos os datos--.

A área sanitaria da Coruña e Cee experimentou un maior alivio, ao baixar a 25 os pacientes Covid en UCI --tres menos-- e 95 noutras unidades --seis menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés caen a sete os críticos --un menos-- e a 22 os que permanecen noutras unidades --tres menos--.

En canto á de Santiago e Barbanza redúcense a sete as persoas en UCI --unha menos-- e a 39 as doutras unidades --dúas menos--; na de Lugo descenden a 24 os ingresados doutras unidades --dous menos--, pero soben a oito os críticos --un máis--; mentres que na de Lugo mantéñense seis en UCI e caen a 16 os doutras unidades --dous menos--.

MENOS DE 3.000 CASOS ACTIVOS

Segundo os últimos datos actualizados, Galicia volve situarse con menos de 3.000 casos activos --como en cifras de finais de agosto--, con 2.931, o que supón 161 menos que os rexistrados ata a xornada anterior.

Nesta ocasión descenden nas sete áreas sanitarias galegas e a da Coruña e Cee mantense coa maior cifra, con 1.106; seguida da de Vigo, con 532. O resto contan con menos de 400: Pontevedra e O Salnés ten 343; Santiago e Barbanza, 314; Ferrol, 227; Lugo, 210; e a de Ourense, 199.

MÁIS CONTAXIOS

Pola súa banda, o contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba aumentaron lixeiramente ata os 167 --nove máis que este xoves--, tras comezar a semana con 88. Deles, 133 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deses 133 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, 57 corresponden á área da Coruña e Cee; 32 á de Vigo; 15 á de Santiago e Barbanza; 12 á de Ferrol; 10 á de Pontevedra e O Salnés; catro á de Ourense e tres á de Lugo.

Por tanto, os contaxiados con este coronavirus en Galicia ascenden a 114.366, dos cales 27.575 corresponden á área da Coruña e Cee; 21.502 á de Vigo; 18.159 á de Santiago e Barbanza; 14.677 á de Ourense; 12.524 á de Pontevedra e O Salnés; 11.835 á de Lugo e 8.094 á de Ferrol.

TAXA DE POSITIVIDADE

Dispositivo de cribado masivo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press
Dispositivo de cribado masivo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press

Ata a data leváronse a cabo en Galicia 1.746.721 PCR, o que supón 6.101 probas máis que as realizadas ata a xornada anterior --uns mil menos que a precedente--.

En canto á taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por test PCR realizados-- subiu lixeiramente a un 1,86%, tras situarse nun 1,78% este xoves. Así, Galicia continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta