O sector do lecer nocturno en Galicia perde 200 locais e acumula perdas de máis de 300 millóns

Piden ao Goberno que inclúa no seu próximo paquete de medidas económicas, que debería aprobarse no próximo Consello de Ministros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O sector do lecer nocturno cifrou en máis de 300 millóns de euros as perdas que acumula xa polos peches derivados da covid-19, o que motivou tamén, argumenta, o peche de 200 locais na Comunidade.

Así o revela o Estudo de Impacto do Coronavirus no Lecer Nocturno e os Espectáculos, realizado pola Asociación de Empresas de Lecer en Galicia (Galicia de Noite) xunto coa patronal España de Noite, onde se recolle que a facturación cae en picado, cun descenso cifrado en 1.018 millóns de euros

Axentes da Policía Autonómica controlan o cumprimento da normativa de seguridade nun local de lecer nocturno. XUNTA
Axentes da Policía Autonómica controlan o cumprimento da normativa de seguridade nun local de lecer nocturno. XUNTA

Este mesmo estudo sinala que "a súa capacidade de resistencia atópase ao límite", cun retroceso na facturación de máis do 84%. Ante esta "asfixiante situación", o sector estima que máis do 70% das pemes terminará desaparecendo se antes do verán "non se reabren os locais ou se inxecta un plan de axudas económicas directas".

Ante esta situación, Galicia de Noite esixe ao Goberno central que "asuma o seu compromiso" e "inclúa no seu próximo paquete de medidas económicas, que debería aprobarse no próximo Consello de Ministros, un plan de rescate específico para o sector". "Necesitamos salvar empresas e postos de traballo, porque desde o Goberno rexional as axudas que chegan son insuficientes e desde Madrid non poden desentenderse e ceder toda a responsabilidade ás autonomías", critican.

Coincidindo coa conmemoración do primeiro ano do peche dos primeiros locais e cando o toque de queda ten prohibida a actividade nocturna nas cidades españolas ata o 8 de maio, Galicia de Noite sumouse á posta en marcha dunha nova acción reivindicativa nacional, baixo a lema 'Un ano pechados, Rescate xa!', para "esixir unha compensación económica urxente e denunciar os principais problemas provocados polas escasas axudas existentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta