O Sergas prepara cribados voluntarios aos viaxeiros que cheguen ao aeroporto da Coruña e en tren

O Sergas está agora en contacto con Aena para poder organizar este dispositivo.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/03/2021 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prepara un dispositivo para iniciar cribados aos viaxeiros que cheguen ao aeroporto da Coruña e tamén ten intención de estendelo a aquelas persoas que o fagan á estación de tren.

Esta actuación farase inicialmente no aeroporto da Coruña, aínda que sen descartar estender a medida ao tres aeroportos. Xa conta co visto e prace da Delegación do Goberno e o Sergas está agora en contacto con Aena para poder organizar este dispositivo.

A idea de iniciar esta experiencia na Coruña ten que ver coa incidencia que se dá nesta área sanitaria, máis alta que no resto de Galicia e a incidencia acumulada, cun descenso máis retardado en comparación con outras áreas (despois das medidas restritivas do mes de xaneiro e febreiro).

Aeroporto de Alvedro. CONCELLO DE CULLEREDO - Arquivo
Aeroporto de Alvedro. CONCELLO DE CULLEREDO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta