Santiago conta con 53 casos activos de covid-19, a cifra "máis baixa desde o verán"

O alcalde pide "non baixar a garda".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/03/2021 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou este venres que a capital galega conta cun total de 53 casos activos, o que supón a "cifra máis baixa desde o verán" pero pide "non baixar a garda".

Así o manifestou nunha rolda de prensa ofrecida este venres, na que considerou que este dato é "significativamente mellor que a media de Galicia e de España" pero subliña a necesidade de "non baixar a garda".

Na súa intervención, Bugallo sostivo que "dá a impresión de que se está producindo un certo estancamento", xa que a día de hoxe o concello rexistra 53 casos activos, cunha incidencia acumulada a sete días de 22 e a 14 días, de 46.

O alcalde da capital galega mostrouse "razoablemente satisfeito" pero chamou á pruendencia de todos os cidadáns.

Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021
Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021 | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta