Ence realizará esta semana a súa parada técnica anual en Pontevedra en pleno debate sobre o seu futuro na ría

En 2020, como consecuencia das excepcionais circunstancias da covid, a parada técnica anual de Ence Pontevedra levou a cabo entre os días 6 e 17 de xullo.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/03/2021 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Ence inicia este luns, 15 de marzo, a súa parada técnica anual na planta de Pontevedra, que se prologará ata o 25 de marzo, segundo a previsión da empresa.

Segundo informa a compañía, a planta someterase a un "exhaustivo" programa para incorporar novas tecnoloxías co fin de "seguir reforzando a súa eficiencia, fiabilidade e excelencia ambiental". Recentemente fixo o mesmo na súa fábrica de Navia.

En 2020, como consecuencia das excepcionais circunstancias da covid, a parada técnica anual de Ence Pontevedra levou a cabo entre os días 6 e 17 de xullo. Agora retoma a súa práctica habitual de facelo entre marzo e abril.

Esta actuación suporá un investimento aproximado duns dous millóns de euros. Asegura que haberá un estrito protocolo de seguridade que se aplicará aos 400 traballadores directos como aos 700 adicionais que asisten eses días á fábrica para labores relacionados coa parada.

Entre outras medidas, tomarase a temperatura, repartiranse máscaras FFP2 a todos os traballadores, faranse test de antígenos cada catro días e controlarase o acceso a través dunha aplicación móbil.

Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra
Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta