A CIG cualifica de "propaganda" a visita de Feijóo á residencia Porta do Camiño de Santiago deste luns

"O persoal das residencias de maiores queremos feitos e solucións, queremos descanso e protección, e non visitas pantomima", recalca o sindicato.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A sección sindical da CIG en Política Social pide a cancelación da visita que prevé realizar este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á residencia de maiores pública Porta do Camiño de Santiago de Compostela, por pretender ofrecer "unha imaxe falsa de boa xestión e seguridade" durante a pandemia.

A través dun comunicado, a organización considera que esta visita "non ten ningunha xustificación laboral ou de xestión de recursos" contra a covid-19, senón que simplemente é "un acto de propaganda que seguro se vai a realizar coa máxima cobertura de medios públicos ao servizo do PP sen mostrar a realidade" dos centros sociosanitarios.

Neste contexto, a CIG pide "respecto e consideración" para o persoal das residencias, que desempeña as súas funcións nunhas "condicións límites" e "sen ningunha empatía ou colaboración" por parte da Xunta.

"O persoal das residencias de maiores queremos feitos e solucións, queremos descanso e protección, e non visitas pantomima", recalca o sindicato.

Por iso, se quere "información real e contrastada", a CIG suxire a Feijóo que se reúna cos traballadores e coas familias e "apoie unha comisión de investigación" no Parlamento de Galicia sobre os xeriátricos durante a pandemia.

Residencia de maiores Porta do Camiño Santiago de Compostela.
Residencia de maiores Porta do Camiño Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta