A caída do prezo dos turismos de ocasión modérase en Galicia cun -3% en febreiro

Baixa en Pontevedra e OUrense e sobe en Lugo e A Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

O pasado febreiro o prezo medio dos turismos de ocasión (VO) caeu de forma moderada en Galicia un 3,22 por cento con relación ao mesmo mes do ano pasado, cun custo medio de 9.751 euros fronte a 10.571 euros da media nacional que descendeu o 4,7% en termos anuais.

Pola súa banda, respecto ao mes anterior, o prezo medio dos turismos caeu un 1,44% en Galicia, mentres que a media estatal descendeu o 2,1%. Así o informou este luns a Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove) nun comunicado, no que concreta que no caso dos turismos de máis de oito anos en Galicia, que supuxeron en febreiro o 69,05% das transferencias de segunda man do mes (62,1% de media nacional), o prezo colocouse en 7.392 euros, cunha baixada do 4,72% respecto ao mesmo mes de 2020, fronte aos 7.872 euros de media nacional que descende o 5%.

En comparación co mes anterior, o prezo medio dos turismos subiu un 0,65% en Galicia, fronte a un aumento do 0,6% na media nacional, apunta Ancove.  Pontevedra foi a provincia galega onde máis baixou o prezo dos turismos de ocasión en comparación co mesmo mes do ano pasado, un -7,91% (9.718 euros) e a redución na de Ourense foi do 5,83%. Lugo tivo un lixeiro incremento do 3,45% (10.215 euros) e A Coruña do 0,03% (9.085 euros).

POR COMUNIDADES

En febreiro o prezo respecto ao mesmo mes de 2020 descendeu en todas as comunidades autónomas con excepción de Canarias, onde se incrementou un 2,1%; e Estremadura, un 1,3%. A baixada máis pronunciada produciuse en Cataluña, un 12,3 por cento respecto ao mesmo mes do ano pasado.

Vehículos de ocasión aparcados.. SUMAUTO - Arquivo
Vehículos de ocasión aparcados.. SUMAUTO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta