A Policía Autonómica identificou a 137 persoas por saltar as medidas de seguridade, das que 47 foron denunciadas

As forzas e corpos de seguridade desenvolveron durante a pasada semana 1.244 dispositivos na provincia da Coruña para garantir o cumprimento da normativa sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica realizaron durante o pasado fin de semana un total de 532 operativos en 35 concellos de Galicia, cun total de 243 inspeccións. Froito diso, 137 persoas foron identificadas e tramitáronse 47 denuncias.

Segundo informou a Xunta, en Ourense realizáronse 21 dispositivos, polos que se efectuaron 42 inspeccións nos municipios de Coles, Cortegada, Maceda, A Meca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda e Xunqueira de Espadanedo. Estas inspeccións saldáronse con 22 identificacións e a tramitación de 5 denuncias.

Pola súa banda, na Coruña realizáronse 21 dispositivos, ao amparo dos que se efectuaron 114 inspeccións e foron identificadas 15 persoas nas localidades de Ames, A Coruña, Negreira, O Pino, Rianxo e Santiago. Como resultado, tramitáronse 20 actas de infracción, 15 delas por non levar máscara e cinco por saltarse o toque de queda.

HOSTALARÍA

Noutra orde de asuntos, as forzas e corpos de seguridade desenvolveron durante a pasada semana 1.244 dispositivos na provincia da Coruña para garantir o cumprimento da normativa sanitaria. A partir destas accións, presentáronse 385 denuncias, das que 113 afectaron á hostalaría.

Así transcendeu tras unha reunión do Centro de Coordinación Operativo da provincia da Coruña sobre estes dispositivos, nos que se comprobou o número de persoas participantes en reunións de non convivientes, o correcto uso de máscara e o cumprimento dos horarios do toque de queda.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta