Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/03/2021 | Actualizada ás 21:05
A Consellería de Sanidade notificou este luns o falecemento doutras tres persoas con coronavirus, o que eleva a 2.303 o número de vítimas da pandemia en Galicia.
Estas tres persoas contaban con patoloxías previas e morreron en distintos días. A primeira delas o pasado 12 de marzo, unha muller de 82 anos no hospital Povisa. Este domingo faleceu tamén outro home de 72 anos no Chus e este luns, unha muller de 80 no Chuac.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.