A autopsia confirma que a muller atopada en Cerceda morreu "de forma violenta"

En base ás pescudas do Instituto Armado, o xulgado instrutor da causa ordenará a práctica de dilixencias ou arquivará o caso sobre esta morte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A autopsia ao corpo da muller de idade avanzada achada morta cun golpe na cabeza en Cerceda (A Coruña) concluíu que se trata de "unha morte violenta", á espera de determinar se foi "accidental ou homicida".

Así o confirmaron a Europa Press fontes xudiciais, que explicaron que o Xulgado de Instrución número 8 da Coruña está á espera de que as investigacións que realiza a Garda Civil "determinen se hai indicios de que foi unha morte homicida ou accidental". Por tanto, en base ás pescudas do Instituto Armado, o xulgado instrutor da causa ordenará a práctica de dilixencias ou arquivará o caso sobre esta morte.

As mesmas fontes xudiciais aclararon que o xulgado non decretou o segredo de sumario porque, polo momento, está á espera do informe da Garda Civil.

Control de motocicletas da Garda Civil de Pontevedra.. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA
Control de motocicletas da Garda Civil de Pontevedra.. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA

FEITOS

A falecida, duns 80 anos de idade, foi achada na mañá do luns cun golpe na cabeza na súa casa da parroquia de Xesteda, no municipio coruñés de Cerceda. Por iso, a Garda Civil iniciou unha investigación para aclarar o sucedido, mentres que o Xulgado de Instrución 8 número da Coruña declarou segredo de sumario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta