O Sergas insiste na teleasistencia: "Os fillos poden realizar as xestións dos seus pais"

"O Sergas estase modernizando", din desde a Xunta. Anuncia unha nova App que permite consultas médicas por videollamadas e dixitalizar o cartón sanitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Un modelo "mixto" entre a asistencia presencial e telemática é a idea que quere impulsar o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e, para iso, lanzou unha nova aplicación --xa dispoñible para dispositivos appel e android-- coa que se poden realizar desde consultas co médico de atención primaria a través de videollamada, como facer consultas do historial, revisar as citas pendentes ou ler os informes médicos.

Unha das principais novidades da aplicación fronte á versión que xa existía do e-saúde é a dixitalización do cartón sanitario, o que permite realizar todas as xestións habituais sen ter que portar fisicamente o documento. Ademais, pódense engadir outros cartóns sanitarios de pacientes autorizados (como poden ser fillos ou maiores dependentes).

Sobre este punto, hai que puntualizar que para poder retirar receitas da farmacia é necesario levar a aplicación, é dicir, non serve unha foto do cartón sanitario ou un pantallazo da aplicación.

A Consellería de Sanidade defende o modelo "mixto, de forma transversal e eficaz" e apela a que boa parte dos maiores xa contan cun dispositivo móbil, así como "os fillos poden realizar as xestións dos seus pais se teñen o seu consentimento". Fontes da Consellería de Sanidade entenden que aínda existe a fenda dixital en Galicia, pero remarcan que se trata dunha "ferramenta máis" e perviven ambos os modelos, o "tradicional e o moderno".

FUNCIÓNS

A nova aplicación permite ter o cartón sanitario no móbil, realizar unha videoconsulta, pedir cita previa, localizar no mapa os centros hospitalarios e de saúde, recibir información sobre o lugar da consulta hospitalaria ou no centro, facer 'check in' á chegada do centro, consultar historia clínica e historial de vacinas, consultar a medicación activa

O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fontes, destacou que o Sergas "se está modernizando" e que, para este ano, reservou unha partida de 18 millóns de euros para renovación de equipos informáticos.

O titular do Goberno galego participa nun encontro con persoas usuarias do programa de Teleasistencia. XUNTA
O titular do Goberno galego participa nun encontro con persoas usuarias do programa de Teleasistencia. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta