Baixan a 47 os casos de covid-19 en residencias de maiores, 45 usuarios e dous traballadores

Non se rexistraron novos positivos. A Xunta prevé completar no primeiro semestre do ano o "diagnóstico" sobre a situación do sistema de residencias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/03/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Os contaxios de covid-19 nas residencias de maiores de Galicia volvéronse reducir ata os 47, tras dúas altas, dos que 45 corresponde a usuarios e dous a traballadores.

Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden á residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un gromo de Covid-19, a 9 de novembro de 2020
Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden á residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un gromo de Covid-19, a 9 de novembro de 2020 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Política Social e Sanidade, non se rexistraron novos positivos e saíron da lista por negativizar dous usuarios da residencia Mi Casa Ferrol, que queda sen contaxios.

Así, o centro con máis casos entre os usuarios é a Residencia Coviastec de Silleda cun gromo de 33 positivos; mentres que o da Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia mantense en 10; e con dous segue a DomusVi Laraxe de Cabanas.

Pola súa banda, os traballadores contaxiados destes centros mantéñense en dous, un na Residencia de Maiores de Caranza e outro na Residencia Coviastec de Silleda.

En canto aos centros de discapacidade seguen sen presentar ningún caso entre os seus usuarios nin entre os seus traballadores.

INFORME 

A Xunta prevé que o consello asesor para a reforma do sistema residencial galego complete antes de que finalice o primeiro semestre do ano o "diagnóstico" da situación dos centros de maiores en aras de localizar "fraquezas", "fortalezas" e definir "propostas de mellora".

Avanzouno a conselleira de Política Social, Fabiola García, ao comezo este martes da última reunión do consello asesor sociosanitario, configurado Hai tres meses para "seguir avanzando" no sistema residencial galego.

A titular do departamento autonómico fixou como "primeiro fito" para este órgano a conclusión este semestre da radiografía do sistema de residencias como paso previo a acometer a súa reformulación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta