Evitan que unha muller se precipite ao río desde a Ponte do Milenium en Ourense

Foi atendida de inmediato polos servizos sanitarios, que a trasladaron ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Ourense evitaron, xunto a uns viandantes, que unha muller "moi alterada" se precipitase ao Río Miño desde a Ponte do Milenium na tarde deste pasado luns. Segundo relatou a Policía Local, os feitos sucederon sobre as 16,51 horas a Xefatura da Policía Local recibiu un aviso de que unha persoa se tentaba "tirar ao río desde a Ponte do Milenium".

Ao lugar trasládanse dúas patrullas. A primeira ao chegar observou a dúas persoas que suxeitaban a unha muller, de 54 anos e veciña de Ourense, nunha das varandas da ponte, coas que colaboraron porque "estaba moi alterada".

Deste xeito, explicaron as mesmas fontes, evitaron que accedese á varanda, aínda que momentos antes, segundo o relato desas dúas persoas que estaban primeiro no lugar, "esta muller chegara a subirse á varanda da ponte, evitando nun primeiro momento que seguise coa súa intención de precipitarse".

A Policía Local subliña que "esta rápida acción e a colaboración dos axentes da Policía Local", dado o "estado de excitación no que se atopaba esta muller", impediu "outro tipo de desenlace", porque "afortunadamente unha vez que puido reterse, foi atendida de inmediato polos servizos sanitarios", que a trasladaron ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta