CSIF acusa o conselleiro de Medio Rural de "colocar" ao exalcalde de Fisterra

Medio Rural négao e afirma que o seu nomeamento como "asesor" se axusta á lei.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/03/2021 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

CSIF acusou este martes o conselleiro de Medio Rural, José González, de "utilizar o seu cargo" como presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para "colocar" a José Manuel Traba Fernández, quen foi durante varios anos alcalde do PP en Fisterra.

José Manuel Traba Fernández
José Manuel Traba Fernández | Fonte: Xunta.

CSIF asegura que o fai "recorrendo á figura de asesor", pero suxeriu que podería vulnerar a lei, que limita as funcións deste persoal eventual concretando que non pode realizar funcións propias de funcionarios de carreira.

Tamén remarca o sindicato que a normativa de emprego público autonómica "prohibe que poida existir persoal eventual ou asesores nas entidades instrumentais, como é Agader". Con todo, sostén que "o exalcalde de Fisterra figura como asesor no directorio telefónico de Agader, incluído no gabinete da directora xeral, Inés Saté.

Ademais, engade que "está situado fisicamente na área económica-financeira". "Área onde todos os procedementos que levan a cabo, así como a actividade administrativa que se desenvolve corresponde a funcións propias de empregados públicos. Funcións que, en ningún caso, poidan ser desempeñadas por asesores ou persoal eventual", engade.

Pola súa banda, fontes de Medio Rural trasladaron que Traba "exerce como asesor" na Consellería "sen realizar actividades ordinarias de xestión ou de carácter técnico, nin ningunha das súas funcións que corresponden ao persoal funcionario de carreira".

Así, remarcan que, segundo está previsto na Lei de emprego público, trátase "de persoal eventual nobmrado por un dos integrantes do Consello da Xunta --o conselleiro de Medio Rural neste caso--, de acordo coa normativa vixente, e sen prexuízo de que a persoa poida estar fisicamente" na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que está adscrita á Consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta