O terceiro paquete de axudas á hostalaría de Compostela chegará a finais de marzo ou principios de abril

O total ascende a case 750.000 euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/03/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O goberno local de Santiago de Compostela prevé lanzar o terceiro paquete de axudas ao sector da hostalaría a finais deste mes de marzo ou principios de abril.

Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021
Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021 | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Este martes, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantivo un encontro coa presidenta da asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, para abordar as bases da nova convocatoria, que ascende a case 750.000 euros, cantidade que podería incrementarse ao engadirse parte dos remanentes.

Segundo trasladou o goberno compostelán ao termo da reunión, concello e sector emprazáronse a celebrar un novo encontro a próxima semana unha vez sexa estudado ao detalle o borrador da convocatoria que "en principo, axústase ás súas pretensións", sinalou Guinarte.

Ademais, o concello abre a porta a incorporar as achegas da asociación a unha liña de axudas que prevén lanzar a finais de marzo ou principios de abril coa aprobación en xunta de goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta