A Xunta insiste na defensa de Ence e do sector do eucalipto

Pide que se modifique o artigo 18 da futura da Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

A Xunta alerta do impacto para o emprego no sector forestal galego que suporía o peche de Ence se o Goberno central "non modifica o artigo 18 da futura da Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica".

Así o trasladaron representantes do sector nunha reunión co vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde. Segundo informa a Xunta, no encontro participaron membros de asociacións de propietarios forestais, de subministración de transporte, de aproveitamento forestal, así como o responsable de loxística forestal de Ence.

O Goberno galego advirte de que o peche afectaría á actividade industrial e aos postos de traballo que xera en Galicia, xa que a factoría supón ao redor de 5.000 empregos directos e indirectos cun total de 250 empresas de Pontevedra que traballan para Ence. Ademais, trátase do segundo comprador de madeira en Galicia, polo que o impacto, ademais dos traballadores da factoría, esténdese a todo o sector forestal e ao ámbito loxístico.

"EVITAR A SÚA SAÍDA"

A Xunta reafirmouse en que se vai a manter ao lado dos traballadores e produtores, posto que a actividade industrial de Ence na ría de Pontevedra resulta "fundamental para o emprego de moitas familias", máxime nun momento de crise laboral debido á covid-19.

Por iso, o Goberno galego incide en que a única solución para que Ence continúe en Galicia é a modificación do artigo 18 para evitar a súa saída.

Planta de Ence en Pontevedra
Planta de Ence en Pontevedra | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta