Confirman presenza de seme no corpo da vítima de presuntos abusos polo seu pai na Coruña

Fiscalía e acusación piden para o proxenitor, por uns feitos ocorridos na Coruña, unha pena de 15 anos de cárcere.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

Forenses ratificaron a presenza de seme do acusado de agredir sexualmente ao seu fillo na Coruña, e de maneira continuada, en varias partes do corpo da vítima, así como en pezas pertencentes ao mesmo. Fixérono na segunda sesión do xuízo que se celebra na Audiencia Provincial da Coruña.

O proxenitor, que se declarou inocente na súa declaración, está acusado de agresión sexual ao seu fillo entre 2014 e 2019, uns feitos polos que Fiscalía e a acusación particular piden 15 anos de cárcere e ata 60.000 euros de indemnización.

No seu testemuño na segunda sesión do xuízo, as forenses concluíron que había "restos de seme e saliva" nas costas, zona perianal e zona anal do menor tras a exploración que se lle realizou despois da denuncia de agresión sexual, en maio de 2019. Á súa vez, preguntas da fiscal, axentes da Policía Científica remitíronse ao informe no que confirmaron a existencia de restos de esperma do acusado en distintas pezas atopadas no domicilio, como nunha camiseta e unha peza de roupa interior.

Outros dous policías relataron como recolleron estes obxectos do domicilio que compartían ambos mentres a vítima permanecía no hospital sendo examinada. Tamén achegaron ao laboratorio, comentaron, a alfombra e a cuberta da cama da habitación do menor.

DURANTE CINCO ANOS

Na primeira sesión do xuízo, o acusado negou os feitos, mentres que a vítima relatou que as agresións sexuais se producían cada vez que estaban "sós na casa". Os feitos, segundo o seu testemuño, producíronse a partir do ano 2014, cando tiña 12 anos, ata 2019.

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público sinala que o home creou "un clima de dominación" que fixo "ceder ao menor e contra a súa vontade" a realizar estes actos e "actuando convencido de que non contaría nada do que facía". A Fiscalía asegura que, debido ao sucedido, o menor sufriu trastornos físicos e emocionais, con afectación na súa interacción social e no rendemento escolar.

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta