Desbloqueados os orzametos de Santiago superando a cuestión de confianza ao abandonar BNG e CA o pleno

O feito de que ambas as formacións, que se mostraron moi críticas coa "falta de diálogo" dos socialistas para configurar as contas, abandonasen a sesión permitiu que a cuestión saíse adiante só co apoio do dez edís socialistas, que se impuxeron ao oito votos en contra do grupo municipal do PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, superou este mércores a cuestión de confianza á que someteu a aprobación dos orzamentos municipais para 2021 cos votos a favor dos seus dez edís e o rexeitamento dos oito do Partido Popular.

A cuestión de confianza que permite aprobar as contas para este ano saíu adiante só cos votos dos socialista despois de que tanto Compostela Aberta como o Bloque Nacionalista Galego abandonasen a sesión.

O feito de que ambas as formacións, que se mostraron moi críticas coa "falta de diálogo" dos socialistas para configurar as contas, abandonasen a sesión permitiu que a cuestión saíse adiante só co apoio do dez edís socialistas, que se impuxeron ao oito votos en contra do grupo municipal do PP.

Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO
Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta