O PSdeG acusa á Xunta dun "novo caso de nepotismo" co nomeamento do exalcalde de Fisterra na Agader

O deputado socialista, Martín Seco, sinalou que levará de novo á Cámara autonómica a situación de Agader e asegura que o conselleiro de Medio Rural está a convertelo "nun chiringuito para colocar aos seus compañeiros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, avanzou que esixirá no Parlamento de Galicia que a Xunta de explicacións sobre o que considera un "novo caso de nepotismo" por parte da Consellería de Medio Rural ao nomear ao exalcalde de Fisterra, José Manuel Traba, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Nun comunicado remitido aos medios, os socialistas sinalan que se hai dúas semanas o sindicato CSIF desvelaba o nomeamento do ex parlamentario Moisés Blanco como subdirector deste organismo, nesta ocasión é o exalcalde de Fisterra o que foi nomeado como asesor.

Ante estas cuestións, o deputado socialista sinalou que levará de novo á Cámara autonómica a situación do ente instrumental e asegura que o conselleiro de Medio Rural, José González, está a convertelo "nun chiringuito para colocar aos seus compañeiros".

Así mesmo, apunta que este nomeamento como asesor, ademais dunha "práctica politicamente deleznable", resulta que "legalmente non está permitida por canto as entidades públicas instrumentais non poden dispor de persoal eventual, segundo a Lei de Emprego Público".

Martín Seco censura que Medio Rural volva utilizar a Agader como mecanismo para situar persoas "sen cualificación profesional nin coñecemento do sector precisamente cando máis necesario é coa aplicación da próxima Lei de Recuperación de Terras".

"O PP quere utilizar un ente público para colocar a un ex alto cargo sen traballo coñecido para consolidar a súa liberación no Concello", apunta o parlamentario socialista, que acusa o Goberno galego de "tomar a broma" os requisitos legais e éticos á hora de "colocar aos amigos" por segunda vez en apenas dúas semanas.

"Se no caso do ex parlamentario e flamante novo subdirector amañaron o proceso selectivo para adaptar o cargo ás características do aspirante e non ao revés, nesta ocasión retuercen a legalidade para adaptala ás aspiracións labores dun representante político", critica.

O actual alcalde de Fisterra, José Marcote; o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; e o deputado socialista Martín Seco. PSDEG
O actual alcalde de Fisterra, José Marcote; o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; e o deputado socialista Martín Seco. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta