Evacuado un operario ferido polo impacto dun ferro de 500 quilos no pé en Xunqueira de Ambía

Efectivos do 061 mobilizaron o helicóptero medicalizado para atender ao traballador ferido e que foi finalmente trasladado a un centro hospitalario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

Un operario foi evacuado en helicóptero tras resultar ferido mentres traballaba en Xunqueira de Ambía, tras caerlle encima dun pé un ferro duns 500 quilos de peso.

O traballador entrábase nunha nave situada na estrada de Cimadevila, á saída do citado municipio ourensán, na OU-110. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 17,30 horas.

Efectivos do 061 mobilizaron o helicóptero medicalizado para atender ao traballador ferido e que foi finalmente trasladado a un centro hospitalario.

Ademais, solicitouse a intervención da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xunqueira de Ambía.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta