Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 21:15
As autoridades sanitarias galegas informaron doutros catro falecementos de persoas diagnosticadas con coronavirus, o que eleva a 2.310 as vítimas mortais vinculadas coa pandemia en Galicia.
Así, Sanidade informa o falecemento na pasada xornada dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO); así como da morte no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña dde unha muller de 95 anos e un home de 71.
Este mesmo mércores, notifícase o falecemento dun home de 81 anos no Chuac. Todos os falecidos presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.