Sanidade cambia de opinión e permitirá visitar aos pacientes das UCI non covid

A medida cínguese a unha soa visita por paciente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Novo cambio na dirección das ordes da Consellería de Sanidade. A nova orde de medidas e restricións contra a pandemia --que entra en vigor este venres en Galicia-- inclúe a posibilidade de visitar ás persoas ingresadas na UCI non covid, unha circunstancia que ata hai poucos días estaba prohibida polo organismo comandado por Julio García Comesaña.

En concreto, a nova orde, que lembra as necesarias medidas de prevención nos centros sanitarios, establece que se permitirá "unha visita por paciente" ingresado na UCI que non teñan enfermos de covid-19, seguindo as medidas que xa operaban antes da pandemia. Así mesmo, a orde continúa establecendo que só se permitirá a presenza dun acompañante por usuario en centros sanitarios no caso de menores, maiores dependentes ou mulleres embarazadas.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta