Por Europa Press / Redacción | Marín | 19/03/2021 | Actualizada ás 11:50
Os servizos de emerxencia localizaron durante a pasada noite a dúas mulleres que se perderon no Monte do Castelo, mentres camiñaban polas proximidades do Miradoiro de Chans.
As mulleres contactaron co 112 Galicia ao fío das 20,45 horas ao regresar deste lugar, cando tentaban atopar o seu vehículo, estacionado en Chans de Cela. Os xestores do 112 Galicia solicitaron ás mulleres que enviasen as súas coordenadas a través de WhatsApp.
Unha vez recibidas, desde Emerxencias 112 Galicia trasladáronse estes datos aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Marín e aos axentes da Policía Nacional e Local, que as localizaron en perfecto estado de saúde nunha zona próxima ao lugar da Pastoriza, preto das 22,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.