Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 15:18
Medio Ambiente, a través de Sogama e o seu Complexo Ambiental de Cerceda, tratou un total de 138.960 quilos de residuos sanitarios de baixo risco procedentes de centros adscritos ao Sergas entre o 11 de xaneiro e 11 de marzo --durante a terceira da pandemia--.
Segundo informou Medio Ambiente nun comunicado, esta é a terceira vez que o Sergas solicita a Sogama a prestación deste servizo "para completar e apoiar o traballo que realizan as instalacións encargadas expresamente do tratamento deste tipo de residuos --monos, luvas, máscaras desechables e asimilables--.
O proceso --o mesmo que se seguiu na primeira e segunda onda da covid-19-- consiste, primeiro, na trituración dos residuos, que despois se acondicionan para convertelos en combustible CDR, que é valorado energéticamente na dplanta termoeléctrica a máis de 850 ºC.
Esta temperatura permite eliminar, "coas máximas garantías ambientais", patógenos e outros axentes nocivos nunha planta específica e provisional, que funciona de forma independente á dos urbanos.
Esta planta conta ademais con persoal propio, que dispón á súa vez de vestiarios e zonas de descanso independentes "co fin de minimizar o risco de contaxios". A Consellería de Medio Ambiente lembrou que, entre a primeira e a segunda onda, Sogama tratou 134.800 quilos e que, "sumando os tres períodos de máxima incidencia do coronavirus", Sogama eliminou 273.760 quilos de refugallos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.