Galicia suma outro falecemento e alcanza as 2.316 vítimas mortais pola pandemia

A vítima tiña patoloxías previsas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias comunicaron este venres outro falecemento dunha muller diagnosticada con covid-19, o que sitúa as vítimas mortais da pandemia en Galicia en 2.316.

En concreto, o falecemento que comunica Sanidade produciuse este mesmo venres no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). A muller que perdeu a vida tiña 87 anos e presentaba patoloxías previas.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta