Os casos de infectados en residencias baixan a 40 tras o alta dun usuario

En canto aos centros de discapacidade seguen sen presentar ningún caso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2021 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Os casos activos de covid-19 nas residencias de maiores de Galicia baixaron a 40: 37 usuarios, un menos que na pasada xornada, tras darse un alta no centro xeriátrico de Santa Mariña de Xinzo de Limia (Ourense), e tres traballadores. Os casos están concentrados en catro centros na Comunidade.

Segundo os datos actualizados este sábado polas consellerías de Política Social e Sanidade, nas últimas horas non se computou ningún novo caso de covid-19.

Así, a Residencia Coviastec de Silleda (Pontevedra) mantense como o centro con máis casos activos entre usuarios, cun brote de 33 positivos; mentres que o da Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia baixa a 3 casos activos tras un alta; e só un usuario de DomusVi Laraxe de Cabanas continúa como enfermo de covid.

Pola súa banda, os traballadores contaxiados seguen sendo tres: un na residencia de maiores de Caranza, e dúas na residencia Coviastec de Silleda. En canto aos centros de discapacidade seguen sen presentar ningún caso entre os seus usuarios nin entre os seus traballadores.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta