Rescatado tras caer da bicicleta nunha zona de difícil acceso en Verín

O rapaz tivo que ser evacuado en helicóptero ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/03/2021 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Un helicóptero do 061 tivo que evacuar a un home que resultou ferido de consideración ao caer da bicicleta nunha zona de difícil acceso nas proximidades do Monte de Queirugás, en Verín.

Os feitos ocorreron sobre as 12,00 do mediodía. Foron os propio servizos de Urxencias Sanitarias-061 quen contactaron co 112 Galicia para que este, á súa vez, solicitase a intervención dos bombeiros de Verín, a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil.

A caída ocorreu nunha zona de difícil acceso, polo que foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencias, que evacuaron ao home  ata o helicóptero no que foi trasladado a un centro hospitalario. O ferido tratábase dun home de 36 anos ao que atoparon no chan, xunto a unha bicicleta, e que está "consciente" pero "non fala nin se pode pór de pé".

A caída ocorreu nunha zona de difícil acceso, polo que foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencias, que evacuaron ao home ata o helicóptero no que foi trasladado a un centro hospitalario.

Bicicleta de montaña
Bicicleta de montaña | Fonte: POLICÍA LOCAL de Lugo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta