Outras tres novas mortes elevan a 2.319 as vítimas pola pandemia en Galicia

Dúas morreron o venres e outra o sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2021 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias comunicaron este domimgo os falecementos de tres persoas diagnosticadas con coronavirus, o que elevou a 2.319 as vítimas mortais pola pandemia en Galicia.

En concreto, o tres falecidos presentaban patoloxías previas. Así, un home de 84 anos e outro de 74 morreron este venres no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

A terceira vítima foi unha muller de 99 anos que faleceu este sábado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta