Arrincan "con normalidade" e cunha participación do 58% as oposicións para o corpo superior da Xunta

As probas desenvólvense en Lugo e en Silleda (Pontevedra) e contan cun protocolo "avalado" por autoridades sanitarias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2021 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

As probas para o ingreso no grupo A1 do corpo/titulado superior da administración da Xunta, celebradas simultaneamente en Silleda e en Lugo, arrincaron este domingo "con normalidade" e cunha participación do 58 por cento.

En concreto, segundo datos facilitados pola Consellería de Facenda e Administración Pública, acudiron 927 aspirantes do total de 1.604 persoas que estaban convocadas. As probas desenvólvense simultaneamente no recinto da Feira Internacional de Galicia de Silleda e no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e contan "con todas as garantías" de acordo cos protocolos sanitarios e conforme aos "principios de igualdade, mérito e capacidade", subliña a Xunta.

Tras os da mañá, sobre as 16,30 horas da tarde terán lugar en Silleda os exames para acceder ás 39 prazas do grupo A1 Medicina/I Médico, con 95 aspirantes convocados; ademais doutras 31 prazas do grupo A1 Bioloxía, con 666 persoas chamadas a participar.

UN PROTOCOLO "AVALADO"

A Administración autonómica insiste en que as probas se desenvolven segundo "un protocolo avalado polas autoridades sanitarias", que establece que os aspirantes deben acudir sós --salvo que precisen algún tipo de asistencia-- e presentarse á hora indicada, non antes.

Ademais, deben gardar en todo momento a distancia de seguridade --entre as mesas, hai entre catro e cinco metros--, proporciónaselles unha máscara de uso obrigatorio durante o proceso e establécese como obrigatorio o uso de xel hidroalcohólico, sen que os participantes poidan compartir ningún tipo de material.

Xunto a isto, as estancias se ventilan e mantéñense as portas abertas durante a realización dos exercicios "a condición de que non se provoque unha situación inconfortable".

Oposicións ao corpo superior da Xunta.. XUNTA
Oposicións ao corpo superior da Xunta.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta