Expertos do comité da Xunta alertan dunha cuarta onda que sería "nefasta e catastrófica"

O doutor Vázquez Lima chama á precaución da cidadanía e di que "fatiga acumulada" podería afectar os profesionais e á saúde mental da cidadanía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O doutor Manuel Vázquez Lima, que forma parte do comité clínico que asesora á Xunta, advertiu de que unha cuarta onda da pandemia sería "nefasta" para os ámbitos sanitario e económico, polo que apelou á precaución "extrema" da cidadanía.

Nunha entrevista concedida á Cadea Ser, recollida por Europa Press, sinalou que a situación epidemiolóxica é "bastante aceptable", pero chamou á poboación a "respectar ao máximo as medidas". Aínda que recoñeceu que se pode permitir "unha certa apertura", incidiu na necesidade de "aprender do pasado" e "mirar o que está a acontecer noutros países de Europa", como Francia, onde se pechou a área de París.

O tamén presidente da Sociedade Española de Medicinz de Urxencias e Emerxencias pediu prudencia para evitar outra cuarta onda que sería "nefasta" sanitaria e economicamente e afirmou que o nivel de interacción social pode influír nunha nova curva de contaxios.

Así as cousas, recalcou que a "maior preocupación" é evitar "unha situación como a de despois de Nadal". Por iso, lembrou que, para adoptar medidas en zonas concretas, o comité clínico analiza a incidencia a sete días, que representa un "indicador precoz" da evolución da pandemia, e a afluencia nos servizos de Urxencias, que son os primeiros que se saturan. Ademais, subliñou a importancia da detección de casos mediante cribados e de que os pacientes contaxiados respecten o illamento para romper a cadea de transmisión.

RESTRICIÓNS

En todo caso, este facultativo descartou que se vaia a acometer unha nova flexibilización das restricións para Semana Santa, cando a situación se manterá "como está agora mesmo" e se realizará "un control exhaustivo" dos resultados dos cribados.

A este respecto, augurou que se poderá alcanzar unha nova relaxación das medidas "cando a porcentaxe de vacinación sexa máis elevado", xa que unha cuarta onda da pandemia similar á terceira tería un resultado "catastrófico" e a "fatiga acumulada" podería afectar os profesionais e á saúde mental da cidadanía.

Neste sentido, Vázquez Lima explicou que a presenza de variantes como a británica en Galicia exerce como "un factor en contra" da evolución da pandemia, mentres a mellora das temperaturas, que fomenta as actividades ao aire libre, "onde a ventilación está garantida", e a vacinación teñen un efecto positivo.

Por iso, resaltou a importancia de avanzar na administración das doses "o máis rápido posible". Aínda que indicou que se adoita estimar que a inmunidade de grupo se alcanza tras a vacinación do 70% da poboación, apuntou que debe terse en conta a inmunidade celular e a adquirida pola xente que pasou a enfermidade.

VACINA DE ASTRAZENECA

Respecto da vacina de AstraZeneca, remarcou que os informes da Axencia Europea do Medicamento "son claros" e lembrou que Francia e Alemaña retomaron a administración da mesma, o que augurou que España realizará a partir deste mércores. Así, destacou que o beneficio que comporta a vacinación con estas doses é "superior de risco" e que os casos de enfermidade tromboembólica venosa detectados entre as persoas que a recibiron axústanse a unha prevalencia normal para esta patoloxía.

En relación á maior incidencia da pandemia na Coruña, achacou esta situación á maior concentración e mobilidade da poboación na zona, ao feito de que a variante británica estea máis presente na mesma. Tamén lembrou que a área da urbe herculina presentaba un maior número de casos antes da terceira onda, o que facilitou a transmisión do virus.

Varias persoas camiñan por un paseo marítimo en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España), a 21 de marzo de 2021. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias persoas camiñan por un paseo marítimo en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España), a 21 de marzo de 2021. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Terraplanista

Un experto!. So ver o que decían fai tres meses. Cansino.